No día de hoxe os medios de comunicación fixérom-se eco dum comunicado enviado onte aos medios en resposta a nota de prensa de Alfredo Bea do pasado día 20. O tratamento foi dispar, sorprende o enfoque dado polo Diario de Arousa tratando de limpar a cara de Alfredo Bea.
Debemos dizer que a liña non a cruzamos nos , no comunicado do día 20 Alfredo Bea era a 3ª vez que facía referencia a Amaia Osaba, parella de Filipe, persoa coa que convive dende fai case 8 anos empregando o termo "noiva"(termo ao que se lle pode atribuir unha connotación despectiva).
Agora Alfredo Bea, a Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e a Secretaría Xeral para o Deporte terán que responder de por que unha deportista asturina, "AMIJA DE ALFREDO BEA", que en principio non reune os requisitos para ocupar unha praza do CGTD a está a ocupar dende que remataron as vacacións de natal e, como dí Alfredo Bea, para máis "inri", en sustitución dun padexeiro do Club Piragüismo Ogrobe. NOS NOM CRUZAMOS A LINHA, A CRUZOU ALFREDO BEA HÁ JÁ MUITO TEMPO. SE NAO QUERES CALDO TOMA DÚAS TAÇAS.
COMUNICADO ÍNTEGRO:
CARTA ABERTA A JOSÉ ALFREDO BEA GARCÍA
Gostaría-me facer-lle algunha matización ao seu comunicado emitido respeto do meu comunicado de prensa sobre os cobros, máis de 4.000 €, que percibeu da RFEP de abril a outubro e que parece lle sentou mal os puxera en coñecemento da opinión pública.
1º O meu comunicado era breve, limitándo-me a poñer en coñecemento da opinión pública os cobros que recibeu da RFEP. Non emitín xuizos de valor, o meu único comentario é si é éticamente correcto que vostede tome decisións que supoñan a expulsión dun clube rival das instalacións municipais públicas cando queda demostrado que é unha parte activa con intereses no piragüismo actual.
2º Sinala que eu no meu comunicado de prensa fago mención a que percibe máis de 3.000 € do Concello de Ogrobe. Eu en ningún momento fixen mención algunha a dita cantidade nen nengunha outra que vostede perciba do Concello. Infórma-nos que percibe únicamente 1.780 € (presentando a nómina). Podería ter aproveitado o comunicado para informar aos seus fillos (así lle chama aos veciños na súa carta dirixira ao Sr. Durán do pasado 20/01/2010) sobre canto cobra do Concello por dietas e non deixar-nos coa dúbida. Se por por catro viaxes da RFEP ten cobrado 4.000 €, ¿canto leva cobrado por dietas, asistencia a plenos, comisións,... do Concello de Ogrobe? .
3º En ningún momento sinalo que teña vostede un soldo da Federación Galega de Piragüismo, limíto-me a dizer que se, como figura na acta da RFEP, como "técnico de apoyo" cobrou máis de 4.000 €. (1.000 € por semana recoñece vostede no seu comunicado) ¿canto pode cobrar (en dietas ou como lle queira chamar) da Federación Galega de Piragüismo agora que vostede é o seu presidente?
4º Sobre se ofrezo unha información sesgada sinalar que, en todo momento, xuntei a acta da RFEP ao meu comunicado, sinalando ademáis o enlance de onde se podía descargar para que os medios de comunicación verificaran os feitos e cada un sacara as súas conclusións. A redacción do párrafo que di que sesgo, calquera o pode comprobar, non queda claro a quen afecta: se se refire a vostede ou, como vostede dí, a Narciso Suárez, ou aos dous. Mais, como non queda claro, non meu comunicado limíto-me a sinalar que dita cantidade "podería ser incluso superior", non digo en momento algún que o sexa.
5º Sobre a miña compatibilidade entre o cargo que ocupo de presidente da Federación Navarra de Piragüismo e o de presidente do Club Piragüismo Ogrobe (extráña-me que nomee ao Club Piragüismo Ogrobe cando sae constantemente dicindo nos medios que non existe, ¿existe ou non existe?) non hai incompatibilidade algunha, vostede xa o sabe. Así o manifesotu o Comité Galego de Xustiza Deportiva ante a denuncia formulada por algún compañeiro seu da Xunta Directiva da FGP. Mais se a houbera, non se preocupe que non dubidaría en deixalo, máis cando o diga unha autoridade competente non "José Alfredo Bea García". Mais se está empeñado en que o deixe suxíro-lle, agora que é presidente da Federación Galega de Piragüismo, modique os Estatutos de dita entidade para impedirmo.
6º Fai mención vostede a posíbeis irregularidades na miña xestións como presidente da FNP. Comentar-lle que Navarra é unha comunidade moi avanzada socio, económica e políticamente. Así o mostran a maioría dos indicadores socio-económicos (taxas de desemprego, calidade da educación, sanidade pública, servizos sociais, renta per cápita....), ao nivel das rexións máis avanzadas da U.E. As rúas lucen limpas e, agora que está constantemente co tema das instalacións deportivas, invíto-lle a que veña a ve-las, aquí non temos piscinas e pavillóns en cada concello os hai en cada barrio. Pode aprender como se financian, eu como ensinante de economía ofrézo-me axudar-lle. Instalacións das que existen unhas normas de uso claras que garanten que ningún politcucho poida impedir-lle a ningún cidadán o seu emprego Mais todo esto se ten acadado por moitas razóns, entre elas un estricto control do poder político e do gasto público para que este sexa empregado eficientemente. Dizer-lle que as Federacións Deportivas de Navarra non son alleas a este control, os convenios que firma a Federación Navarra cos seus clubes non infrinxen norma algunha. A Administración Navarra ten instrumentos de control suficientes para verificalo.
7º Fai vostede mención a miña parella, non é a primeira vez que o fai, comentarlle o seguinte, é unha das deportistas femininas máis representativas do deporte Navarro (ten participado en 10 Campionatos do Mundo de Piragüismo, o último no ano 2009, e cando vai a Ogrobe cámbia-se no camiño grazas a vostede e aos seus compañeiros de goberno). É a presidenta do Club Piragüismo Pamplona ¿supon-lle a vostede un problema en Ogrobe? Á administración da nosa comuidade non llo supón e aos clubes tampouco. Tamén é certo que é a secretaria do Club Piragüismo Ogrobe, o noso anterior secretario, un empregado municipal dependente da Concellería de Limpeza, deixou o cargo porque a última vez que asinou un certificado do Club Piragüismo Ogrobe o chamou vostede en horas de traballo ao seu despacho para facer-lle firmar nun papel para cotexar a súa firma, "alfredo bea perito calígrafo", ¿lémbra-se? atosigándo-o sobre si era ou non a súa firma. Agora xa non temos ese problema ¿inquiéta-lle? É a parella coa que convivo, non o oculto. Non é así o seu caso, que, aproveito este foro para comunicar-llo, temos pendente cursar denuncia contra a súa moza(ou como lle queira chamar), deportista asturiana que rematadas as vacacións de natal se incorporou ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva dependente da Xunta de Galicia inclumprindo as normas de admisión (ver documento anexo)*. Ocupando unha praza que únicamente lle corresponde a deportistas galegos como así se recolle nas bases da convocatoria de prazas. ¿Falsificou vostede algunha informe para que esta deportista asturiana que no mundo do piragüismo se coñece como a súa "noiva" dende fai xa moitos, moitos anos pudera entrar no CGTD? Sepa vostede que nas próximas horas procederemos a formular a oportuna denuncia ante a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
8º Por último, facer-lle referencia ao seu comentario de que nesas viaxes que menciona ao extranxeiro había deportistas de Ogrobe aos que lles ía dar o seu apoio, Álvaro Bravo Bravo e Manuel Antonio Campos García ¿pregúnte-lles se o querían alí? O primeiro penso que querría mellor a carta de liberdade para poder marchar libremente do seu clube. De Manuel Antonio Campos Garcia que vou dizer, penso que con que o deixara empregar as instalacións municipais sería suficiente. Recorde que é sub-campión do mundo e grazas a vostede cando adestra en Ogrobe cámbia-se no camiño porque vostede (e o BNG, PSOE e EU) non lle deixa empregar as instalacións municipais
Filipe Besada Porto
viernes 22 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada