miércoles 24 de febrero de 2010

¿A censura chega ao Concello de Ogrobe e ao cuatripartito? O Concello de Ogrobe tamén expulsa ao Club Piragüismo Ogrobe do facebook

¿O BNG, PSOE e EU están a censurar ao Club Piragüismo Ogrobe na rede?

No día de onte foi creada na rede social "facebook" un perfil co nome de "Gala do Deporte Meco" co que se pretende, segundo na páxina se recolle, "coñecer todos os detalles deste evento". Dadas as características desta rede, todos os membros, como se dun foro se tratara, poden expresar a súas opinións no "muro".

Tan pronto tivemos coñecemento da existencia do grupo, o martes ao medio día, solicitamos a nosa entrada que foi rápidamente admitida. De xeito inmediato colgamos un enlace ao post do noso blog onde falabamos das alegacións presentadas polo Club Piragüismo Ogrobe contra parte das bases que rexen a concesión dos premios aos mellores deportistas mecos no 2009 (ver a entrada). Esto non debeu gostar ao administrador, ou quen lle paga ou lle dá instruccións, xa que ás 22:00 horas o Club Piragüismo Ogrobe foi expulsado do grupo. CENSURA NA REDE, DÁ A RISA, pero fomos expulsados do grupo. Voltamos a solicitar a admisión pero fomos rexeitados.


Non sabemos, porque está oculto, quen é o administrador do grupo, mais detrás está o concello xa que no cartel oficial da gala fai-se mención ao grupo no FACEBOOK. (Enlace ao grupo)


0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada