viernes 26 de febrero de 2010

Intentan bloquear o blog do Club Piragüismo Ogrobe

Despois de ter denunciado nos últimos días no noso blog, ao noso parecer, os reitarados abusos do Concelleiro de Deportes do Concello de Ogrobe Alfredo Bea, recibimos varios ataques á conta de correo electrónico que o Club Piragüismo Ogrobe ten en gmail.

O Club Piragüismo Ogrobe ten dada de alta unha conta no gmail coa que se pode acceder a diversos servicios, entre os que se atopa a actualización deste blog, PARECE QUE HAI ALGUÉN QUE NON LLE GUSTA e, no día de onte, en torno às 00:30 recibimos dous intentos para bloquear a nosa conta de correo electrónico e/ou acceder fraudulentamente a el: clubpiraguismoogrobe@gmail.com como se pode ver nas imaxes que mostramos, PINCHAR NELAS PARA VELAS MÁIS GRANDES:



Para que se entenda, brevemente, cando se dá de alta unha conta de correo nun servicio webmail, como hotmail ou gmail, entre os datos que se facilitan atópa-se unha dirección de correo electrónico de rescate para que, no caso de esquecernos da contraseña, nos reenvíen a esa conta de correo unha nova contraseña. Onte producírom-se ata dúas solicitudes de cambio de contraseña que non foron feitas por nos. Por sorte, as veces non se fai, a dirección de correo de rescate era unha dirección real, e pudemos impedir o intento de bloquear o noso blog. Póde-se deducir que deberon ser varios os intentos xa que foron dous os correos recibidos, como se aprecia nas imaxes.

QUEN ESTARÁ DETRÁS DESOS INTENTOS, non o sabemos, mais o podemos sospeitar. Compre sinalar que as comunicacións electrónicas son privadas e inviolábeis, así, a constitución española o recoñece no seu Capítulo II sección I artigo 18.b adicado aos dereitos fundamenais e liberdades públicas que: "Se garantiza el secreto de las comunicaciones y, en especial, de las postales, telegráficas y telefónicas, salvo resolución judicial." a violación deste dereito incluso pode ser perseguido penalmente.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada