Indirectamente, hoxe recibimos as bases que rexerán a concesión dos premios aos mellores deportistas mecos polo súa traxectoria durante o ano 2009. Sen entrar a valorar sobre a conveniencia ou non deste tipo de eventos, gostaríamos de dar a nosa opinión sobre as bases da convocatoria, concretamente o que se recolle no punto 9:
"Os mellores deportistas locais teñen que estar empadroados no concello do Grove, aínda que non compitan por clubs locais."
A limitación que se pretende supón, na práctica, que case únicamente piragüistas, deporte ao que pertence o noso Concelleiro de Deportes, cos parabéns dos seus compañeiros de goberno, poderán obter tal distinción. Pensemos, por exemplo, nun rapaz que triunfe no futebol, dificilmente poderá competir cos resultados deportivos dun piragüista se segue a xogar na U.S.D. O Grove xa que para, por exemplo, xogar na selección española, posíbelmente tería que estar xogando nun clube de primeira división de fora de Galiza. Como residiría fora de Galiza legalmente debería estar empadronado fora de Ogrobe (ou se exporía a que o cuatripartito o perseguira policialmente como a min mesmo me sucedeu). Ao non estar empadroado, segundo as bases propostas polo catripartito, este deportista meco xa non podería obtar ao recoñecemento como mellor deportista. Este mesmo exemplo podería-se extender a moitos outros deportes (baloncesto, balonmán (pénsese o caso de Martín Domínguez),...). Moi representativa é a noticia aparecida hoxe nalgún xornal dunha deportista viguesa: http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2010/02/22/0003_8310763.htm que abre o debate sobre esta cuestión.
Na miña opinión o galardón debería estar aberto a todos os deportistas mecos:
- nados en ogrobe, residentes ou non.
- e os non nacidos pero que residan en Ogrobe.
Por moito que lle pese ao cuatripartito seguen a ser deportisas mecos, independentemente de que estén ou non empadroados en Ogrobe.
lunes 22 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada