jueves 11 de marzo de 2010

Alfredo Bea dí que o Xuíz Único é independente

En declaracións hoxe á La Voz de Galicia, Alfredo Bea di que non ten nada que ver co expediente, que o Xuíz Único é independente, quen o cree? Levaba meses a dizer que íamos ser expedientados, rapaces do Breogán decindo que os deportistas do Club Piragüismo Ogrobe non ían cobrar os premios, porque Alfredo Bea así o sostiña. Sorprende que diga que unha mostra da independencia do Xuíz Único quede demostrada co expediente aberto a Rubén Paz, deportista este ano do Clube As Torres. Os que estamos metidos nesto sabemos que dende aquelas eleccións nas que Rubén Paz votou libremente e non votou a lista de deportistas que apoiaban a Alfredo Bea como candidato á presidencia da Federación Galega de Piragüismo llas tiña xuradas, non o podía ver. Hai que recordar que daquela Rubén Paz era deportista do C.M.D.C. Breogán, o foi moitos anos e marchou. No día das eleccións estaba na cama enfermo, fixéro-no levantar para ir votar e cando lle quixeron meter a papeleta no peto e se negou, algún montou en cólera.
No fío desto hai que recordar que unha das primeiras decisións que tomou o actual presidente da RFEP foi o de quitarlle un convenio de axuda para contratación dun técnico ao Club Piragüismo Pamplona no que traballaba Rubén Paz, está recollido nas primerias actas de Xunta Directiva do actual presidente da RFEP. E antes, semanas antes, Alfredo Bea, parece ser, presumindo por aí, de que "ímos-lle quitar o convenio a Rubén" e há ter que vir de volta. Ver a acta da reunión, onde dí Natación Pamplona, debera de dizer, por un erro, Club Piragüismo Pamplona, clube para o que traballou Rubén Paz todo o ano pasado, vivindo na casa de Filipe Besada en Pamplona. É máis, se recordades aquel capítulo no que Alfredo Bea mandou a policía a Cangas a vixiaran a Filipe Besada, foi ao domicilio natal de Rubén Paz, onde Filipe se atopaba empadronado. Ver aquela carta.
Di Alfredo Bea nas súas declaracións que nunha reunión de presidentes de federacións autonómicas, na que estaba presente Filipe Besada, se recolleu que só se podía ter unha licenza, nada máis lonxe da realidade, nada se falou nese senso. Así se pode ver na acta daquela reunión. Querrá Alfredo Bea modificar o contido daquela acta? mais hai que engadir, que esas reunións non son vinculantes, o único que son vinculantes son os regramentos.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada