



Non sabemos o que nos van durar, pero hoxe, agora, aquí as están. Alfredo Bea non quería e porá todos os cartos que poida, da Federación Galega de Piragüismo e do Concello de Ogrobe, para que no-las quiten, cambios de regulamento, recursos,... mais o pasado venres, o Comité Galego de Xustiza Deportiva dou-lle orde de tamita-las inmediatamente e, como se ve nas mesmas, o mesmo luns xa as tiña tramitadas. O que ten cu ten medo, e Alfredo Bea ten medo, logo terá cu. Por que non segue senon o papel que emprega cando está no Concello de Ogrobe? Dende o Concello de Ogrobe dá rodas de prensa decindo que o Club Piragüismo Ogrobe non existe, na Federación Galega baixa o lombo e traga saliva.
Alfredo Bea sabe que disciplina non é a cortello ao que reduciron o Concello de Ogrobe o BNG, o PSOE e EU. Incumprir o seu mandato podería-lle supor a apertura dun expediente disciplinario, ese dos que tanto el gosta, e perder o único medio de vida que parece a curto prazo lle queda, a Federación Galega de Piragüismo. Alfredo Bea sabe que os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva non son Carlos Álvarez, José Antonio Cacabelos ou Xan Lamelas.
Mais Alfredo Bea é un home con carácter. Filipe solicitou para a súa licenza (ver a solicitude da licenza) se empregara a forma galega do seu nome mais Alfredo non gostou de complacelo. E iso que o mesmo venres tiñamos dirixido un escrito á FEGAPI para que respetaran a forma galega do seu nome, FILIPE, FIIIIIIIIIIIIILIPE, mais Alfredo, Concelleiro do Partido Galeguista no Concello de Ogrobe, non gosta, ou non parece gostar desa forma e gosta máis de empregar a forma española. Ver o escrito enviado á Federación Galega de Piragüismo o pasado Venres antes de se tramitar a licenza.
Para rematar quería agradecer a colaboración do noso adestardor Celestino García "Celes" que merece un capítulo aparte, dizer que era o axudante de Suso Morlán, adestrador do catro veces medallista olímpico David Cal, persoas ás cales, igual que a nos, Alfredo Bea lles ten un grande cariño. Será porque, como dizía a Bayuca el "nunca janou medalla porque non lle pisaba" e David Cal xa leva catro. Só dizer que Celestino é un grande adestrador que está a colaborar con nos, ex-traballor da Federación Galega de Piragüismo. Unha das primeiras decisións que tomou Alfredo Bea ao entrar na Federación Galega de Piragüismo foi a de despedilo, un despido improcedente. Ao que posteriormete se lle sumaron, en dous meses, dous despidos de dous traballadores máis, posíbelmente improcedentes tamén. ¿que lle parecerá ao seu compañeiro de goberno comunista e máis aos da UPG? darán por bos estes despidos ou mirarán para outro lado como no caso do Club Piragüismo Ogrobe.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada