viernes 5 de marzo de 2010

Tono Campos mellor deportista masculino meco 2009


O Club Piragüismo Ogrobe ven de propoñer, segundo as bases publicadas polo Concello de Ogrobe, a Manuel Antonio Campos García, deportista do Club Piragüismo Ogrobe na tempada 2009, como mellor deportista de Ogrobe no ano 2009. Segundo a nosa opinión non son só é merecedor dese recoñecemento polos seus éxitos deportivos senon tamén polas dificultadas que tivo que superar para poder acadalos. Dificultades que, paradóxicamente, nalguns casos procederon do propio Concello de Ogrobe. A continuación apresentamos un resumo da súa traxectoria na tempada 2009:

Manuel Antonio Campos García ‐ mellor deportista élite 2009
COMPETICIÓNS INTERNACINAIS:
Formando parte da selección española de piragüismo obtivo os seguintes resultados:

7º clasificado en C‐4 200 metros no Campionato do Mundo de Velocidade. Canadá. 16/08/2009.
8º clasificado en C‐1 200 metros relevos no Campioanto do Mundo de Velocidade. Canadá. 16/08/2009
2º en C‐1 absoluto no Campionato do Mundo de Maratón. Crestuma (Portugal). 19/08/2009

É de destacar que foi o único piragüista galego presente nos dous Campionatos do Mundo de Augas Tranquilas celebrados durante o ano (Velocidade en Canadá e Maratón en Portugal).

COMPETICIÓNS NACIONAIS:

1º clasificado en C‐1 5.000 m. absoluto no Campionato de Españpa de Inverno. Sevilla. 21/02/2009.
3º clasificado en C‐2 1.000 m. absoluto na Regata Nacional de 1.000 m. Trasona (Asturias). 19/04/2009.
3º clasificado en C‐1 500 m. absoluto na Regata Nacional de 500 m. Trasona (Asturias). 10/05/2009.
1º clasificado en C‐2 500 m. absoluto na Regata Nacional de 500 m. Trasona (Asturias). 10/05/2009.
3º clasificado en C‐1 1000 m. absoluto no Campionato de España Master. Verdecido (Pontevedra). 06/07/2009.
1º clasificado en C‐2 500 m. absoluto no Campionato de España de Velocidade. Verducido (Pontevedra). 29/08/2009.
1º clasificado en C‐2 1.000 m. absoluto no Campionato de España de Velocidade. Verdecido (Pontevedra). 29/08/2009.
2º clasificado en C‐1 1.000 m. absoluto no Campionato de España de Velocidade. Verdecido (Pontevedra). 29/08/2009.
2º clasificado en C‐1 500 m. absoluto no Campionato de España de Velocidade. Verdecido (Pontevedra). 29/08/2009.
2º clasificado en C‐2 200 m. absoluto no Campionato de España de Velocidade. Verdecido (Pontevedra). 30/08/2009.
Ademáis destos resultados habería que engadir outros numerosos 1os postos en competicións “menores”, pertencentes á Liga Copa Xunta de Piragüismo do ano 2009.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

É destacábel, se cabe tanto como os resultados deportivos, que Manuel Antonio Campos García, consciente de que a vida deportiva, máis no deporte do piragüismo, non garantiza un medio de vida, foi quen de compaxinar os seus adestramentos coa súa formación, o que lle permiteu aprobar no ano 2009 unhas oposcións do corpo de funcionarios do estado do grupo "C" que lle garanten un traballo estábel unha vez remate a súa carreira deportiva.

O calvario que sofreu ao inicio da tempada, ata o ano do 2008, Manuel Antonio Campos García foi deportista pertencente ao C.M.D.C. Breogán, a súa marcha a un novo clube lle supuxo unha serie de presións importantes, nada recomedábeis para un deportista do seu nivel e das que nos responsabilizamos ao expresidente do C.M.D.C. Breogán e Concelleiro de Deportes José Alfredo Bea García. Básicamente "ameazas" de expulsión do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra onde adestraba coa selección Española de canoas sub‐23, presións que, de xeito resumido, quedaron de manifesto nunha carta remitida á anterior Directora Xeral para o Deporte. Tamén foi destacábel a negativa da Federación Galega de Piragüismo, directiva da que formaba parte o Concelleiro de Deportes do Concello de Ogrobe D. José Alfredo Bea García, a tramitar‐lle a licenza deportiva polo Club Piragüismo Ogrobe, licenza que foi finalmente tramitada tras ser‐llo requerido polo Comité Galego de Xustiza Deportiva á Federación Galega de Piragüismo. Ou a expulsión das instalacións deportivas do Concello de Ogrobe no mes de agosto, vendo mermada a súa preparación para o Campionato do Mundo de Maratón no que finalmente acadou o 2º posto. Máis este non foi impedimento para que Manuel Antonio Campos García fora subcampión do mundo a só 3'' do húngaro Edvin CSABAI, 18 veces campión do mundo. Para entender a fazaña de Tono Campos, dizer que, Alfredo Bea, dúas veces subcampión do mundo na mesma modalidade, nunca foi quen de chegar a menos de 1' do húngaro.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada