lunes, 10 de enero de 2011

O Estado do benestar e o nauseabundo estado do Pavillón de Deportes Náuticos.


Recoménda-se facer doble click sobre as imaxes para ve-las a maior tamaño.
O estado dos vestuarios e baños é lamentábel

Hai unhas semanas o Cua - Tri - Partito (EU, BNG, PSOE e Alfredo Bea) anunciou unha importante operación de crédito para levar a diante a construcción de varias infraestructuras que nos últimos tempos se veñen demandando por veciños e determinados colectivos. Fála-se dun novo pavillón de deportes, dunha piscina, auditorio, complexo deportivo, centro de día,... Mais responde esto a unha necesidade real? É sostíbel económicamente? ou é, pola contra, demagoxia á que nos acostuma a clase política? Están preparados os nosos gobernantes para xestionar estas infraestructuras? Dispón o Concello de Ogrobe dos recursos para poder sostelas e conservalas ao longo do tempo? O estado no que se manteñen algunha das infraestructuras existentes na actualidade fan pensar que dificilmente o Concello de Ogrobe disporá da capacidade nen dos recursos para poder facelo, e penso que o mellor xeito de ilustralo e botar un ollo ao "nauseabundo estado do Pabillón de Deportes Náuticos".
O Pavillón de deportes náuticos é una infraestructura inagurada ao redor do ano 1998, a penas conta con 12 anos de antigüedade, co que a poderíamos considerar como un instalación "nova". Mais o seu estado actual de conservación e hixiene é lamentábel. O Concelleiro responsábel, Alfredo Bea, expresidente do CMDC Breogán(entidade que ocupa o 80 % da instalación), anda máis preocupado en expulsar a nosa entidade da instalación que en mantela en optimas condicións de hixiene e conservación. Debería ter unha maior preocupación porque o funcionario responsábel cumprira axeitadamente coas súas funcións que en que este elabore informes sobre a existencia ou inexistencia do Club Piragüismo Ogrobe. Debería, Alfredo Bea, precupar-se máis porque o funcionario, uniformado a maioría dos días coa roupa do CMDC Breogán, cando o que lle paga é o Concello de Ogrobe, manteña en óptimas condicións a instalación que en cargar e descargar ou subir e baixar piraguas dos cativos do CMDC Breogán.

Como se mostra nas fotografías, o estado do Pavillón de Deportes Náuticos é lamentábel, unha instalación relativamente sinxela de manter. Mais, se o actual Concello de Ogrobe non é quen de matenla e coservala como pretenden manter e conservar no futuro esa morea de infraestructuras das que din van dotar ao noso Concello? de onde van sacar os recursos necesarios?



A falta de limpieza non é exclusiva dos vestuarios e baños, é xeral, a basura acumúla-se por todas as esquinas. Co paso dos anos o chan voltou escuro, lonxe da súa cor orixinal.



O lixo impera por todo o chan da instalación, de xeito destacado no ximnasio.





A pesar de contar con un conserxe a instalación, funcionario municipal, encargado do mantenemento e conservación da instalación, as deficiencias son importantes. Algunhas das portas non dispoñen de tiradores nen pechaduras, romperon e non foron sustituídas.





Outra porta sen tirador e pechadura.


As portas son empragadas pola entidade que ocupa o 80 % da instalación (CMDC Breogán) a xeito de tablón de anuncios, acumulándo-se gran cantidade de suciedade nas memas.



Mobiliario roto.


Os secadores acumulan gran cantidade de roña, o que supón un situación de insalubridade importante.



Mais o problema máis importante da instalación son as pingueiras, chove máis dentro que fora, as goteiras abundan por toda a instalación o que contribúe a insalubridade da mesma debida á moi deficiente limpeza. TODA A INSTALACIÓN ESTÁ CHEA DE POZAS O QUE SUPÓN OS SEU PERMANENTE E CONTINUO DETERIORO QUE SEN DÚBIDA ACORTARÁ A SÚA VIDA, ademáis de supor un continuo perigo para os usuarios.



As goteiras teñen a súa orixe na instalación recente de acumuladores de auga no tellado. Para a instalación dos mesmos procedeu-se á perforación do tellado para suxetalas contra as vigas de madeira do teito, perforacións polas que entra a auga de xeito permanente. ¿QUEN É O RESPONSÁBEL?


As filtracións de auga, seguro, provocarán un deterioro da estructura de madeira que sostén o tellado. Deterioro que non se produciría se os responsábeis do Concello velaran de xeito eficiente pola conservación da mesma.


Ximnasio anegado de auga.


Outra estancia chea de auga.



Outra.
Máis auga na instalación.

E máis.

O mantenemento do material de ximansio de titularidade municipal é nulo. Prácticamente dende que se adquiriron as bicicletas estatáticas unha delas carece de pedais, reparación a priori moito menos custosa que o que suporá adquirir unha nova bicicleta ou o custo social que supón o non poder empregala. Mais, a pesar de contar con un funcionario responsábel, as reparacións de conservación mínimas non se realizan o que seguro suporán un custo moi superior no futuro.Às veces as goteiras están sobre o material municipal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario