miércoles, 12 de marzo de 2014

18 de marzo - Xuizo contra a expulsión do Club Piragüismo Ogrobe do Pavillón Náutico ou os cómplices e lamecús de Alfredo Bea ou 20 anos de persecución


O 18 de marzo, nunha das salas do Tribunal Contencioso Administrativo de Pontevedra terá lugar a práctica da proba do Contencioso - Administativo que o Club Piragüismo Ogrobe presentou contra o Concelho de Ogrobe pola expulsión da nosa entidade do Pavillón de Deportes Náuticos. Expulsión que se fixo efectiva o 22 de decembro do 2012. 
Será unha das últimas fases deste longo proceso que non sabemos como rematará. É posíbel que sexa a nosa última batalha, ou nom, dun proceso que se iniciou no ano 1996, prácticamente o día que se creou a nosa entidade. Dende aquela, distintos representantes do CMDC Breogán tentaron por diferentes medios impedir que empregáramos as instalacións deportivas municipais. Estos intentos colheron máis forza coa entrada de Alfredo Bea en diferentes institucións nos últimos anos. Os cargos que acadou os aproveitou, como se mostra de seguido, para ir contra o Club Piragüismo Ogrobe, os seus deportistas e os seus dirixentes. Esta afirmación non é de balde, unha vista atrás no tempo e, sobre todo, un repaso ao disco duro do noso PC, móstra-nos infinidade de documentos que así o confirman. Foron moitas as veces e  ante moitos organismos aos que Alfredo Bea recurreu para perxudicar-nos. Por sorte, en moitas ocasións, saimos airosos. 

Aquí vai unha pequena selección deses documentos:

Son abundantes os relacionados co Comité Galego de Xustiza Depotiva organimo ao que en repetidas ocasións tivemos que recurrir para, por exemplo, algo tan simple como o de que a Federación Galega de Piragüismo, dirixida por Alfredo Bea e o seu primo e presidente de Breogán, Félix Lamas, tramitara as licenzas dalgúns dos nosos deportistas:
Outras veces foi o Valedor do Pobo o que ao Concelho de Ogrobe lhe tirou das orelhas por cuestións como a Ordenanza Fiscal que regula as taxas de uso das instalacións deportivas minicipais ou a inexistencia, ou existencia do dedo, de criterio algún para o reparto das subvenións:
  • Valedor2. Alfredo Bea non levou ben que o Valedor investigara a incompatibilidade de ser presidente de Breogán (entidade que recibe o 33 % das subvencións deportivas en Ogrobe, a parte de outros beneficios) e o seu cargo de Concelheiro de Deportes.
Tamén a Axencia Española de Protección de Datos:
Os xulgados xa tenhem obrigado ao Concelho de Ogrobe a readmitirnos nas instalacións deportivas municipais :
Ou o Consejo Superior de Deportes que se negaba á obsesión de Alfredo Bea porque varios dos padaxeiros do Club Piragüismo Ogrobe fosen sancionados:
Tamén tentou silenciar-nos apresentando querellas por inxurias e calumnias e que en primeira instancia lle foron arquivadas e que agora ten recurridas á Audiencia Provincial.
E outras sen resposta satisfactoria, denunciamos accións como que Alfredo Bea, a pesar de termos ganhado nos xulgados, cambiara as pechaduras do pavilhón de deportes náuticos en varias ocasión para impedir-nos o acceso, sendo a nossa entidade a única que tinha vetado o uso dos vestiarios:

Tamén querríamos facer un pequeno homenaxe à corte de lamecús, por sorte, para os que ocupan estos cargos, sempre disponhem dum grupo deles. Alfredo Bea nom é menos. Como exemplo, por exemplo, queremos facer mención aos membros do Consello Local do Deporte que en reunión mantida, sen seguro ter consultado nada, nun desexo, seguro, de alegrar a Alfredo Bea, "votaron", para que o Club Piragüismo Ogrobe fose expulsado do Pavillón de Deportes Náuticos. Quenes serían eses representantes de C. R. Mecos, Asociación de Silvestrismo, Asociación Omitolóxica, C.M.D.C. Breogán, Rasoeiro B.M., Unión S.D., S.D. Amanecer, Baloncesto Grove, Amegrove C.R e Baloncesto Meco que pediron a expulsión do Club Piragüismo Ogrobe do Pavillón Náutico?
O documentación é amplísima, centos de documentos, aquí recolhemos aqueles máis re-presentativos. É possíbel que algún importante quedara a trás. 

Como sinalábamos, independentemente de cal sexa o desenlace deste asunto, será posíbelmente un dos nossos últimos intentos por loitar polo que consideramos o noso dereito. Durante todos estes anos foron moitas as horas e os cartos que temos empregado mentres que outros facían uso, tamén, dos nosos cartos para atacarnos. Mais non queríamos despedir-nos sen facer unha pequena homenaxe aos seus cómplices, sen cuxa colaboración Alfredo Bea non tería acadado a súa obsesión.  
Se unha virtude se lhe pode reconhecer a Alfredo Bea, a parte de súa gran traxectoria deportiva, é a súa habilidade para arrimar-se a uns e a outros ou, melhor dito, a súa habilidade para que outros se arrimen a el, igual dá - PSOE, BNG, PP, EU, A Meca-. O de menos son os dereitos das persoas, o de máis, colher o posto. SAUDE.

Aí van todos os seus cómplices:

Actual lexislatura: 2011 - 2015

Alternativa Meca


Aida Filgueira

Partido Popular


Alexandre Aguín


Juan Luis Callón 

instructor do últimos expediente de expulsión, un deses documentos que non tenhem desperdicio.

Carlos Otero

Laura Besada

Marta Domínguez

Miguel Ángel Pérez

Manuel Ochoa

Anterior lexislatura 2007 - 2011:
PSOE

Jorge Olleros

José Cacabelos Rico - alcalde


Mª Ángeles Domíguez



Noemi Outeda
Bloque Nacionalista Galego:

Antón Mascato 


Carlos Álvarez


Victoria Canoura

Esquerda Unida:
Xan Lamelas



martes, 18 de febrero de 2014

Transparência só para a Casa Real

O pasado sábado o CMDC Breogán celebrou unha asamblea xeral na que, entre outros, Félix Lamas renovou como presidente dessa entidade deportiva. Ademáis, aproveitando a convocatoria, aprobaron un orzamento para o ano 2014 de, segundo anuncian, 73.000 €. Informaron das “dificultades económicas que poden vir neste ano” e que venhen motivadas, argumentan, pola desaparición dos premios económicos nas ligas nacionais e polo feito de que “as administracións, agás o Concello, cada ano achegan menos”.
            Confírma Félix Lamas que a concelhería que dirixe o seu curmá, companheiro nas filas no PGD, Alfredo Bea, segue a ser o máximo benefactor desta entidade deportiva. Segundo tambén se pode ler nos medios de comunicación, a achega do Concelho de Ogrobe vía subvencións da concelhería de deportes (tamén recibe de cultura, por exemplo) situou-se preto dos 30.000 €, dos 90.000 € que  o Concelho de Ogrobe reparte entre as máis de 20 entidades deportivas o CMDC Breogán recibeu ao redor de 1/3 do total.
            Esta achega tan importante nom é casual. Nos últimos tempos forom-se introducindo modificacións nas diferentes convocatorias de subvencións que permiten a esta entidade ano tras ano conservar a súa exemonía aplastante no reparto de subvencións. Exemonía que este ano, seguro, se vai ver, possíbelmente, amplamente reforzada en detrimento de outras entidades deportivas que, ano tras ano ven reducir a cantidade que perciben a favor desta outra e nom dim nem rem (sic). Aumento derivado dum maior número de licenzas deportivas froito dos campamentos de verán organizados polo propio Alfredo Bea e que contribuen aumentar a cantidade de subvencións que perciben.
Máis canto lhe costa realmente aos vecinhos de Ogrobe manter ao CMDC Breogán? Os case 30.000 € son só umha parte, hai outras achegas nom menos importantes que se camuflan en outras partidas e das que nom se informa à vecinhanza. Partidas como, por exemplo, o custo de mantenemento do Pavillón de Deportes Náuticos que, prácticamente, empregan em exclusividade.
  • Litros e litros de gas-oil que nutren as caldeiras do Pavilhón de Deportes Náuticos.
  • Litros de auga.  Auga que às veces se deixa correr sen pudor por cisternas e grifos rotos que nom se arranxan. 
  • Electricidade que, como no caso da auga, em moitas ocasións se mantén prendida sen haber usuarios na instalación. 
  • A limpeza da instalación. No úlitmo pliego de contratación da limpeza de algunhas dependencias municipais incluía-se a limpeza do Pavilhón de Deportes Náuticos.
A esto hai que sumar-lhe outras partidas, como, por exemplo, o custo que para as arcas municipais ten o técnico municipal de deportes e os seus colaboradores. Así, os últimos veráns, póde-se-lhe ver durante moitas manháns colaborando para Breogán nos cursilhos de iniciación ao piragüismo nos chamados campamentos de verán organizados polo Concelho de Ogrobe. Canto poderían importar esas horas de trabalho e as súas cargas sociais: 2.000, 3.000 €,…? Por desgraza tampouco o sabemos.

Logo virían outras possibeis achegas de máis difícil cuantificación e difícil demostración pero que, canto menos, despertan algún tipo de dúbida.
É casualidad que a Concelhería que dirixe Alfredo Bea realice contratacións coa empresa SEGEM e que esta sexa un dos patrocinadores do CMDC Breogán?



Custa-lhe algo este patrocinio à vecinhanza de Ogrobe?
E como nom, tambén habería que sumar os custos que nos últimos anos tivo para a vecinhanza os longos procesos administrativos e xudiciais para expulsar ao Club Piragüismo Ogrobe do Pavilhón de Deportes Náuticos para manter ao CMDC Breogán como único clube de piragüismo que pode empregar a instalación.
Se sumamos todas estas partidas de dedúce-se que os 30.000 €, sendo xa umha cantidade importante, son so umha pequena parte do que o CMDC Breogán recibe dos vecinhos de Ogrobe. Canto é o total? Nom o sabemos, NINGUÉN CON RESPONSABILIDADE POLÍTICA O PREGUNTA.

sábado, 8 de febrero de 2014

O NOVO CONSELLO LOCAL DO DEPORTE

Dende facía meses Alfredo Bea viña anunciando a reforma do Consello Local do Deporte, nas súas palabras, para conseguir unha maior participación da cidadanía neste órgano consultivo. Así se recolleu en imnumerábeis ocasións no Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/10/30/consello-do-deporte-nace-herramienta/905151.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/01/09/clubes-asociaciones-padres-tercera-edad-constituyen-consello-local-do-deporte/737897.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/10/22/o-grove-estrena-consello-do/900232.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/12/30/hemos-dado-vuelco-politica-deportiva/940067.html


Na opinión do Club Piragüismo Ogrobe a reforma deste órgano non respondía máis que ao interese de Alfredo Bea de exercer un maior control sobre el. Ao contrario do que anunciaba, non buscaría umha maior participación, senom máis ben todo o contrario. Reducindo de xeito importante o seu número de membros e tendo con varios deles umha relación moi estreita acadaría este propósito. 

Coa normativa actual reducíron-se o número de membros de xeito importante, pasando de ter cada entidade deportiva dous membros - de case 20 entidades deportivas- a soamente estar representadas cinco ou seis.

Mais como umha imaxe vale máis que mil palabras. Ahí vai unha imaxe da reunión celebrada no día de onte. Dos 15 membros participaron 8, dos cales, como dicíamos, un número importan deles tenhem umha relación moi estreita con actual Concelleiro de Deportes:
  1. El mesmo.
  2. O Técnico Municipal de Deportes.
  3. Félix Lamas - Presidente de Breogán, secretario da Federación Galega de Piragüismo que el  preside.
  4. Xavier Outeda, ata fai ben pouco ao menos (desconhecemos se o segue sendo) membro da Xunta Directiva de Breogán.
  5. Ramón Outeda (parece que é o que se ve coa gorra), irmán do anterior e presidente do Clube de Remo Mecos.
  6. Tobo, membro de Breogán, leva a sección de Xadrez desta entidade, é a persoa que no último pleno foi elexida, co apoio do BNG e os partidos do goberno, como deportista de destacada traxectoria para formar parte deste órgano.

domingo, 29 de diciembre de 2013

“Los amigos de mis amigos son mis amigos” ou o título XIX do CP ou o uso das instalaciónns públicas deportivas para os amigos

Dende hai unhas semanas vímo-nos enterando a través do facebook de Alfredo Bea, Concelheiro de Deportes do Concelho de Ogrobe, de que retomou a práctica deportiva. Esto nom debería ser noticia mais o lugar e o xeito em como decideu retomala si o é.


Alfredo Bea, xunto con un par de amigos, venhem empregando o Pavillón de Deportes Náuticos para practicar um pouco de deporte antes de incorporarse aos seus postos de trabalho. Alfredo Bea, xunto com dous amigos, suponhemos que grazas ao seu posto político, accede a esta instalación deportiva bem cedo pola manham para fazer-lhe unhas sesión de ximnasio.



Que tem que facer o resto da vecinhanza de Ogrobe para, como Alfredo Bea e os seus amigos, poder ir ás 7:30 da manham ao Pavilhón de Deportes náuticos ou cando lhes pete a fazer ximnasio e empregar vestiarios e demáis dependencias?



É razoábel que por ser concelheiro ou amigo dum poidas dispor dumha instalación deportiva pública como é o Pavilhón Náutico para fazer um uso libre dela mentras a outros se lhes veta o uso? 

sábado, 30 de noviembre de 2013

¿Clases de Surf gratis? e os abusos de Miguel A. Pérez contra a Escola de Vela o Club Piragüismo Ogrobe



Estos días Alfredo Bea vem de gabar-se no seu facebook da cesión de umha instalación gratuitamente á empresa Tartaruga Surf para facilitar-lhe a súas actividades na Praia da Lanzada. Esto nom tería nada de sorprendente se nom fose polos abusos que Miguel A. Pérez ten cometido nos últimos anos contra o Club Piragüismo Ogrobe e a Escola de Vela Grove.

Co obxento de expulsar a estas dúas entidades e satisfacer a Alfredo Bea, Miguel A. Pérez, elaborara unha Ordenanza Fiscal na que se recolhía umha serie de taxas fiscais abusivas,  taxas fiscais para as que logo se establecían unha serie de exencións co obxeto de que ninguén tivese que pagar salvo o Club Piragüismo Ogrobe e a Escola de Vela O Grove.

Neste enlace pódese descargar as exencións fiscais, Ordenanza fiscal. Como se pode ler nelas, non se pode cobrar máis de 10 € ao mes para, no Concelho de Ogrobe, ter acceso a instalacións deportivas de xeito gratuito por parte dalgunha entidade deportiva. 

Sem embargo, a empresa Tartaruga Surf cobra aos rapaces, por catro clases ao mes, 60 €. 60 € por catro días de adestramento ao mes como se pode comprobar no email de resposta a unha persoa que pedía información. Email, posterior ao anuncio da apertura das insalacións e da cesión das mesmas por parte do Concelho de Ogrobe.

Miguel A. Pérez incumpre, claramente, a ordenanza fiscal que supuxo o peche da Escola de Vela Grove. E quizáis, quem sabe, incurre num delito de prevaricación ao eximir do pago dumha taxa a quem tem a obriga de pagala.

Así, para impedir o uso do Pavillón de Deportes Náuticos à Escola de Vela establecía-se que ningunha entidade que quixe-se empregar unha instalación de xeito gratuíto podía cobrar máis de 10 € ao mes. Circunstacia que facía inviábel a Escola de Vela O Grove. Ante as queixas dos resposábeis desta entidade pronto saiu Miguel A. Pérez nos medios manifestando que as instalacións deportivas municipais nom eran para que ninguén ganhara dinheiro.
  • Por que Miguel A. Pérez lhe cede a esta empresa gratuitamente estas instalacións cando cobran 60 € ao mes por praticar surf incumprindo claramente a ordenanza fiscal?


lunes, 25 de junio de 2012

O Secretario do Concello de Ogrobe rectifica o seu informe ás alegacións ao Regulamento do Rexistro de Asociacións do Concello de Ogrobe tras a denuncia pública feita polo Club Piragüismo Ogrobe.

O pasado venres, tras coñecer o informe xurídico elaborado polo Secretario do Concello de Ogrobe desautorizando as nosas alegacións, emitimos un comunicado (omitido por algúns medios de comunicación) no que o calificábamos de vergoñento pola análise feita, nada propia dun profesional do dereito funcionario de carreira que ten que asesorar en materia legal á corporación municipal. O Club Piragüismo Ogrobe viña incidindo que a modificación proposta pretende un control político dun dereito fundamental (rcoñecido así no artigo 22 da Constitución Española), o dereito de asociación.
Entre as alegación feitas destacaba a solicitude de recollida no texto do recoñecemento do silenzo administrativo positivo, i.e., que se o Concello de Ogrobe non repostaba a unha solicitude de inscripción esta automáticamente tíña-se que dar por admitida. O secretario, obviando texto legais fundamentais, dictou un informe sinalando que esto non era posíbel posto que ía contra un artigo do Lei de Procedemento Administrativo (sic). Mais tras a denunicia pública feita o venres ven de emitir un novo informe onde se corrixe a si mesmo.
Queremos destacar que lamentamos que absolutamente ninguén mais que o Piragüismo Ogrobe presentarse alegacións ao texto que, como queda demostrado, pretende un control político do asociacionismo conculcando dereitos fundamentais. Esta afirmación non é gratuíta, existen experiencias anteriores que o confirman, xa que o Club Piragüismo Ogrobe tivo que recurrir en varias ocasións aos tribunais para que se lle recoñecera o dereito, tan simple, a estar inscrito no Rexistro de Asociacións.





domingo, 24 de junio de 2012

REFLEXIÓN SOBRE O INFORME XURÍDICO ELABORADO POLO SECRETARIO E A PROPOSTA DE DICTAMEN PRESENTADA POLO SR. ALCALDE RESPECTO DAS ALEGACIÓNS FEITAS AO REGULAMENTO DO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS FEITAS POLO CLUB PIRAGÜISMO OGROBE.

Con data 31/05/2012 o Club Piragüismo Ogrobe presentou unha serie de alegacións ao Regulamento do Rexistro de Asociacións aprobado inicialmente no pleno celebrado o 29/03/2012. PENSÁBAMOS QUE ERAN NECESARIAS POSTO QUE A REDACCIÓN PROPOSTA, AO NOSO PARACER, PRETENDE UN EXCESIVO CONTROL POLÍTICO NO PROCESO DE INSCRIPCIÓN E PERMANENCIA NO MESMO. 


Non queremos deixar pasar a ocasión para manifestar as dúbidas que nos merece a actuación do Sr. Secretario do Concello de Ogrobe. Novamente, co informe xurídico que remata de elaborar, non se ruboriza en ¿inventar? contidos das leis que nom existen. Así, o informe xurídico elaborado polo secretario sinala o seguinte: 
"5. El punto 9º de las alegaciones pretende el silencio positivo en las solicitudes de inscripción presentadas, mas, iríamos contra legem y sería nulo de pleno derecho dicho artículo si así fuera pues el art.43 de la LRJPAC en relación a los precedimientos instados de parte, contempla el silencio negativo cuando se pretenda la solicitud de un servicio público como es el caso que nos ocupa, sin perjuicio de lano vinculación de este tipo de silencios con una resolución posterior." 

Di, insistimos, "iríamos contra legem e sería de nulo de pleno derecho este artículo". Pois bem, a que parece resultar ir "contra legem" é a súa proposta. Así, a LEY ORGÁNICA 1/2002, de 22 de marzo, reguladora del Derecho de Asociación.(B.O.E. 73/2002, publicado el 26/03/2002) establece na exposición de motivos V o seguinte: 
"Del contenido del artículo 22.3 de la Constitución se deriva que la Administración carece, al gestionar los Registros, de facultades que pudieran entrañar un control material de legalización o reconocimiento. Por ello, se regula el procedimiento de inscripción en los límites constitucionales mencionados, estableciéndose la inscripción por silencio positivo en coherencia con el hecho de tratarse del ejercicio de un derecho fundamental." 
TODO O CONTRARIO AO QUE O SECRETARIO DI. 
Hai que insistir en que a Lei de Asociacións é un Lei Orgánica (regula un dereito fundamental, o de asociacións) xerarquicamente superior a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemeento Administrativo Común (lei coñecida como LRJPAC), na que tampouco atopamos a interpretación que o Secretario no seu informe fai.

Ademáis, se se lle bota un ollo ao Regulamento do Rexistro de Asociacións do Concello de Marín, do que parece foi copiado o Regulamento do Rexistro de Asociacións do Concello de Ogrobe aprobado inicialmente no pleno do 29 de marzo, no seu artigo 7 establécese o seguinte: “No caso de que a asociación solicitante non obtivese resposta á solicitude efectuada no sinalado prazo dun mes, a inscripción entenderase efectuada, sempre que a asociación achegue os datos contidos nos puntos 1 ao 4 do artigo 6.” No Regulamento do Concello de Marín contémplase o silenzo positivo, como o contempla a Lei Orgánica de Asociacións, ao contrario do criterio do Concello de Ogrobe. A nos, como dicíamos, nom nos sorprende. Xa no ano 2009 este mesmo secreatrio emitía un informe xurídico no que nom se ruborizaba en ¿INVENTAR?o contigo dun artigo. Así, emitía un informe no que expresaba, favorecendo os intereses de Alfredo Bea, o seguinte: "O regulamento orgánico do concello de O Grove que regula a inscripción e funcionamento do REDIM establece no artigo 27 que se poderá esixir Copia compulsada da acta da última asamblea ou certificación da mesma firmada polo Presidente e Secretario da Asociación", contido completamente inexistente no Regulamento Orgánico do Concello de Ogrobe que di textualmente o seguinte: O artigo 27 do Regulamento Orgánico do Concello de Ogrobe, publicado no Boletín Oficial da Pontevedra o 7 de marzo de 1996, establece que: “En todo caso, a efectos de que continúe a vixencia da inscripción, tódalas entidades rexistradas no REDIM, terán que presentar no concello a finais de cada ano e antes do 30 de xaneiro do ano seguinte, unha memoria das actividades e actos realizados no transcurso do ano, así como do número de socios no 31 de nadal ó igual que as modificacións producidas na composición da xunta”.

Sorprende-nos o enfoque empregado polo Sr. Secretario no seu informe, dirixe a súa análise en tentar desvirtuar as alegacións formuladas polo Club Piragüismo Ogrobe en base a que o texto aprobado inicialmente en pleno está suxeito a dereito en todos os seus aspectos (é legal), como se o Club Piragüismo Ogrobe manifestara nalgún momento que o texto non fose legal. En ningún momento o Club Piragüismo Ogrobe manifestou que o texto non fose legal mais si defendemos que é sustancialmente mellorable a súa redacción en aras de facilitar a inscripción no rexistro das entidades e permanecer no rexistro. SEGUIMOS DEFENDENDO QUE A REDACCIÓN PROPOSTA DIFICULTA A INSCRIPCIÓN E DIFICULTA A PERMANENCIA NO REXISTRO. O Sr. Secretario, co seu informe, que parece estar ao servizo de Alfredo Bea - parece que impulsor da moficación deste regulamento -, parece tamén querer desviar a atención e nom entra no fondo (seguramente non sexa tampouco a súa función) de si o texto proposto logra, fronte o aprobado inicialmente en pleno, o propósito que nos defendemos: facilitar a inscripción, evitar abusos (que xa se teñen cometido) e facilitar a permanencia no rexistro. As alegacións presentadas polo Club Piragüismo Ogrobe, e por eso INSISTIMOS NA SÚA ACEPTACIÓN, van na liña de mellorar a redacción do texto. O Club Piragüismo Ogrobe sostén que a redacción aprobada no pleno do 29 de marzo é sustancialmente mellorable e supón dificultades para a inscripción e mantenemento de inscripción dunha asociación no Rexistro de Asociacións. Polo tanto, o Club Piragüismo Ogrobe non dubida da legalidade do texto proposto (agás sobre a reflexión que o secretario fai sobre o sentido do silenzo administrativo) pero si seguimos sostendo que a redacción é sustancialmente mellorábel.