miércoles, 12 de marzo de 2014

18 de marzo - Xuizo contra a expulsión do Club Piragüismo Ogrobe do Pavillón Náutico ou os cómplices e lamecús de Alfredo Bea ou 20 anos de persecución


O 18 de marzo, nunha das salas do Tribunal Contencioso Administrativo de Pontevedra terá lugar a práctica da proba do Contencioso - Administativo que o Club Piragüismo Ogrobe presentou contra o Concelho de Ogrobe pola expulsión da nosa entidade do Pavillón de Deportes Náuticos. Expulsión que se fixo efectiva o 22 de decembro do 2012. 
Será unha das últimas fases deste longo proceso que non sabemos como rematará. É posíbel que sexa a nosa última batalha, ou nom, dun proceso que se iniciou no ano 1996, prácticamente o día que se creou a nosa entidade. Dende aquela, distintos representantes do CMDC Breogán tentaron por diferentes medios impedir que empregáramos as instalacións deportivas municipais. Estos intentos colheron máis forza coa entrada de Alfredo Bea en diferentes institucións nos últimos anos. Os cargos que acadou os aproveitou, como se mostra de seguido, para ir contra o Club Piragüismo Ogrobe, os seus deportistas e os seus dirixentes. Esta afirmación non é de balde, unha vista atrás no tempo e, sobre todo, un repaso ao disco duro do noso PC, móstra-nos infinidade de documentos que así o confirman. Foron moitas as veces e  ante moitos organismos aos que Alfredo Bea recurreu para perxudicar-nos. Por sorte, en moitas ocasións, saimos airosos. 

Aquí vai unha pequena selección deses documentos:

Son abundantes os relacionados co Comité Galego de Xustiza Depotiva organimo ao que en repetidas ocasións tivemos que recurrir para, por exemplo, algo tan simple como o de que a Federación Galega de Piragüismo, dirixida por Alfredo Bea e o seu primo e presidente de Breogán, Félix Lamas, tramitara as licenzas dalgúns dos nosos deportistas:
Outras veces foi o Valedor do Pobo o que ao Concelho de Ogrobe lhe tirou das orelhas por cuestións como a Ordenanza Fiscal que regula as taxas de uso das instalacións deportivas minicipais ou a inexistencia, ou existencia do dedo, de criterio algún para o reparto das subvenións:
  • Valedor2. Alfredo Bea non levou ben que o Valedor investigara a incompatibilidade de ser presidente de Breogán (entidade que recibe o 33 % das subvencións deportivas en Ogrobe, a parte de outros beneficios) e o seu cargo de Concelheiro de Deportes.
Tamén a Axencia Española de Protección de Datos:
Os xulgados xa tenhem obrigado ao Concelho de Ogrobe a readmitirnos nas instalacións deportivas municipais :
Ou o Consejo Superior de Deportes que se negaba á obsesión de Alfredo Bea porque varios dos padaxeiros do Club Piragüismo Ogrobe fosen sancionados:
Tamén tentou silenciar-nos apresentando querellas por inxurias e calumnias e que en primeira instancia lle foron arquivadas e que agora ten recurridas á Audiencia Provincial.
E outras sen resposta satisfactoria, denunciamos accións como que Alfredo Bea, a pesar de termos ganhado nos xulgados, cambiara as pechaduras do pavilhón de deportes náuticos en varias ocasión para impedir-nos o acceso, sendo a nossa entidade a única que tinha vetado o uso dos vestiarios:

Tamén querríamos facer un pequeno homenaxe à corte de lamecús, por sorte, para os que ocupan estos cargos, sempre disponhem dum grupo deles. Alfredo Bea nom é menos. Como exemplo, por exemplo, queremos facer mención aos membros do Consello Local do Deporte que en reunión mantida, sen seguro ter consultado nada, nun desexo, seguro, de alegrar a Alfredo Bea, "votaron", para que o Club Piragüismo Ogrobe fose expulsado do Pavillón de Deportes Náuticos. Quenes serían eses representantes de C. R. Mecos, Asociación de Silvestrismo, Asociación Omitolóxica, C.M.D.C. Breogán, Rasoeiro B.M., Unión S.D., S.D. Amanecer, Baloncesto Grove, Amegrove C.R e Baloncesto Meco que pediron a expulsión do Club Piragüismo Ogrobe do Pavillón Náutico?
O documentación é amplísima, centos de documentos, aquí recolhemos aqueles máis re-presentativos. É possíbel que algún importante quedara a trás. 

Como sinalábamos, independentemente de cal sexa o desenlace deste asunto, será posíbelmente un dos nossos últimos intentos por loitar polo que consideramos o noso dereito. Durante todos estes anos foron moitas as horas e os cartos que temos empregado mentres que outros facían uso, tamén, dos nosos cartos para atacarnos. Mais non queríamos despedir-nos sen facer unha pequena homenaxe aos seus cómplices, sen cuxa colaboración Alfredo Bea non tería acadado a súa obsesión.  
Se unha virtude se lhe pode reconhecer a Alfredo Bea, a parte de súa gran traxectoria deportiva, é a súa habilidade para arrimar-se a uns e a outros ou, melhor dito, a súa habilidade para que outros se arrimen a el, igual dá - PSOE, BNG, PP, EU, A Meca-. O de menos son os dereitos das persoas, o de máis, colher o posto. SAUDE.

Aí van todos os seus cómplices:

Actual lexislatura: 2011 - 2015

Alternativa Meca


Aida Filgueira

Partido Popular


Alexandre Aguín


Juan Luis Callón 

instructor do últimos expediente de expulsión, un deses documentos que non tenhem desperdicio.

Carlos Otero

Laura Besada

Marta Domínguez

Miguel Ángel Pérez

Manuel Ochoa

Anterior lexislatura 2007 - 2011:
PSOE

Jorge Olleros

José Cacabelos Rico - alcalde


Mª Ángeles Domíguez



Noemi Outeda
Bloque Nacionalista Galego:

Antón Mascato 


Carlos Álvarez


Victoria Canoura

Esquerda Unida:
Xan Lamelas



2 comentarios:

  1. Sen máis, moito ánimo. É vergonzoso que alguén poida empregar un cargo para esto.

    ResponderEliminar
  2. Po puto Inferno todos! Outra cousa non meresen!

    ResponderEliminar