martes, 18 de febrero de 2014

Transparência só para a Casa Real

O pasado sábado o CMDC Breogán celebrou unha asamblea xeral na que, entre outros, Félix Lamas renovou como presidente dessa entidade deportiva. Ademáis, aproveitando a convocatoria, aprobaron un orzamento para o ano 2014 de, segundo anuncian, 73.000 €. Informaron das “dificultades económicas que poden vir neste ano” e que venhen motivadas, argumentan, pola desaparición dos premios económicos nas ligas nacionais e polo feito de que “as administracións, agás o Concello, cada ano achegan menos”.
            Confírma Félix Lamas que a concelhería que dirixe o seu curmá, companheiro nas filas no PGD, Alfredo Bea, segue a ser o máximo benefactor desta entidade deportiva. Segundo tambén se pode ler nos medios de comunicación, a achega do Concelho de Ogrobe vía subvencións da concelhería de deportes (tamén recibe de cultura, por exemplo) situou-se preto dos 30.000 €, dos 90.000 € que  o Concelho de Ogrobe reparte entre as máis de 20 entidades deportivas o CMDC Breogán recibeu ao redor de 1/3 do total.
            Esta achega tan importante nom é casual. Nos últimos tempos forom-se introducindo modificacións nas diferentes convocatorias de subvencións que permiten a esta entidade ano tras ano conservar a súa exemonía aplastante no reparto de subvencións. Exemonía que este ano, seguro, se vai ver, possíbelmente, amplamente reforzada en detrimento de outras entidades deportivas que, ano tras ano ven reducir a cantidade que perciben a favor desta outra e nom dim nem rem (sic). Aumento derivado dum maior número de licenzas deportivas froito dos campamentos de verán organizados polo propio Alfredo Bea e que contribuen aumentar a cantidade de subvencións que perciben.
Máis canto lhe costa realmente aos vecinhos de Ogrobe manter ao CMDC Breogán? Os case 30.000 € son só umha parte, hai outras achegas nom menos importantes que se camuflan en outras partidas e das que nom se informa à vecinhanza. Partidas como, por exemplo, o custo de mantenemento do Pavillón de Deportes Náuticos que, prácticamente, empregan em exclusividade.
  • Litros e litros de gas-oil que nutren as caldeiras do Pavilhón de Deportes Náuticos.
  • Litros de auga.  Auga que às veces se deixa correr sen pudor por cisternas e grifos rotos que nom se arranxan. 
  • Electricidade que, como no caso da auga, em moitas ocasións se mantén prendida sen haber usuarios na instalación. 
  • A limpeza da instalación. No úlitmo pliego de contratación da limpeza de algunhas dependencias municipais incluía-se a limpeza do Pavilhón de Deportes Náuticos.
A esto hai que sumar-lhe outras partidas, como, por exemplo, o custo que para as arcas municipais ten o técnico municipal de deportes e os seus colaboradores. Así, os últimos veráns, póde-se-lhe ver durante moitas manháns colaborando para Breogán nos cursilhos de iniciación ao piragüismo nos chamados campamentos de verán organizados polo Concelho de Ogrobe. Canto poderían importar esas horas de trabalho e as súas cargas sociais: 2.000, 3.000 €,…? Por desgraza tampouco o sabemos.

Logo virían outras possibeis achegas de máis difícil cuantificación e difícil demostración pero que, canto menos, despertan algún tipo de dúbida.
É casualidad que a Concelhería que dirixe Alfredo Bea realice contratacións coa empresa SEGEM e que esta sexa un dos patrocinadores do CMDC Breogán?



Custa-lhe algo este patrocinio à vecinhanza de Ogrobe?
E como nom, tambén habería que sumar os custos que nos últimos anos tivo para a vecinhanza os longos procesos administrativos e xudiciais para expulsar ao Club Piragüismo Ogrobe do Pavilhón de Deportes Náuticos para manter ao CMDC Breogán como único clube de piragüismo que pode empregar a instalación.
Se sumamos todas estas partidas de dedúce-se que os 30.000 €, sendo xa umha cantidade importante, son so umha pequena parte do que o CMDC Breogán recibe dos vecinhos de Ogrobe. Canto é o total? Nom o sabemos, NINGUÉN CON RESPONSABILIDADE POLÍTICA O PREGUNTA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario