sábado, 8 de febrero de 2014

O NOVO CONSELLO LOCAL DO DEPORTE

Dende facía meses Alfredo Bea viña anunciando a reforma do Consello Local do Deporte, nas súas palabras, para conseguir unha maior participación da cidadanía neste órgano consultivo. Así se recolleu en imnumerábeis ocasións no Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/10/30/consello-do-deporte-nace-herramienta/905151.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/01/09/clubes-asociaciones-padres-tercera-edad-constituyen-consello-local-do-deporte/737897.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/10/22/o-grove-estrena-consello-do/900232.html
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/12/30/hemos-dado-vuelco-politica-deportiva/940067.html


Na opinión do Club Piragüismo Ogrobe a reforma deste órgano non respondía máis que ao interese de Alfredo Bea de exercer un maior control sobre el. Ao contrario do que anunciaba, non buscaría umha maior participación, senom máis ben todo o contrario. Reducindo de xeito importante o seu número de membros e tendo con varios deles umha relación moi estreita acadaría este propósito. 

Coa normativa actual reducíron-se o número de membros de xeito importante, pasando de ter cada entidade deportiva dous membros - de case 20 entidades deportivas- a soamente estar representadas cinco ou seis.

Mais como umha imaxe vale máis que mil palabras. Ahí vai unha imaxe da reunión celebrada no día de onte. Dos 15 membros participaron 8, dos cales, como dicíamos, un número importan deles tenhem umha relación moi estreita con actual Concelleiro de Deportes:
  1. El mesmo.
  2. O Técnico Municipal de Deportes.
  3. Félix Lamas - Presidente de Breogán, secretario da Federación Galega de Piragüismo que el  preside.
  4. Xavier Outeda, ata fai ben pouco ao menos (desconhecemos se o segue sendo) membro da Xunta Directiva de Breogán.
  5. Ramón Outeda (parece que é o que se ve coa gorra), irmán do anterior e presidente do Clube de Remo Mecos.
  6. Tobo, membro de Breogán, leva a sección de Xadrez desta entidade, é a persoa que no último pleno foi elexida, co apoio do BNG e os partidos do goberno, como deportista de destacada traxectoria para formar parte deste órgano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario