lunes, 25 de junio de 2012

O Secretario do Concello de Ogrobe rectifica o seu informe ás alegacións ao Regulamento do Rexistro de Asociacións do Concello de Ogrobe tras a denuncia pública feita polo Club Piragüismo Ogrobe.

O pasado venres, tras coñecer o informe xurídico elaborado polo Secretario do Concello de Ogrobe desautorizando as nosas alegacións, emitimos un comunicado (omitido por algúns medios de comunicación) no que o calificábamos de vergoñento pola análise feita, nada propia dun profesional do dereito funcionario de carreira que ten que asesorar en materia legal á corporación municipal. O Club Piragüismo Ogrobe viña incidindo que a modificación proposta pretende un control político dun dereito fundamental (rcoñecido así no artigo 22 da Constitución Española), o dereito de asociación.
Entre as alegación feitas destacaba a solicitude de recollida no texto do recoñecemento do silenzo administrativo positivo, i.e., que se o Concello de Ogrobe non repostaba a unha solicitude de inscripción esta automáticamente tíña-se que dar por admitida. O secretario, obviando texto legais fundamentais, dictou un informe sinalando que esto non era posíbel posto que ía contra un artigo do Lei de Procedemento Administrativo (sic). Mais tras a denunicia pública feita o venres ven de emitir un novo informe onde se corrixe a si mesmo.
Queremos destacar que lamentamos que absolutamente ninguén mais que o Piragüismo Ogrobe presentarse alegacións ao texto que, como queda demostrado, pretende un control político do asociacionismo conculcando dereitos fundamentais. Esta afirmación non é gratuíta, existen experiencias anteriores que o confirman, xa que o Club Piragüismo Ogrobe tivo que recurrir en varias ocasións aos tribunais para que se lle recoñecera o dereito, tan simple, a estar inscrito no Rexistro de Asociacións.





No hay comentarios:

Publicar un comentario