domingo, 24 de junio de 2012

REFLEXIÓN SOBRE O INFORME XURÍDICO ELABORADO POLO SECRETARIO E A PROPOSTA DE DICTAMEN PRESENTADA POLO SR. ALCALDE RESPECTO DAS ALEGACIÓNS FEITAS AO REGULAMENTO DO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS FEITAS POLO CLUB PIRAGÜISMO OGROBE.

Con data 31/05/2012 o Club Piragüismo Ogrobe presentou unha serie de alegacións ao Regulamento do Rexistro de Asociacións aprobado inicialmente no pleno celebrado o 29/03/2012. PENSÁBAMOS QUE ERAN NECESARIAS POSTO QUE A REDACCIÓN PROPOSTA, AO NOSO PARACER, PRETENDE UN EXCESIVO CONTROL POLÍTICO NO PROCESO DE INSCRIPCIÓN E PERMANENCIA NO MESMO. 


Non queremos deixar pasar a ocasión para manifestar as dúbidas que nos merece a actuación do Sr. Secretario do Concello de Ogrobe. Novamente, co informe xurídico que remata de elaborar, non se ruboriza en ¿inventar? contidos das leis que nom existen. Así, o informe xurídico elaborado polo secretario sinala o seguinte: 
"5. El punto 9º de las alegaciones pretende el silencio positivo en las solicitudes de inscripción presentadas, mas, iríamos contra legem y sería nulo de pleno derecho dicho artículo si así fuera pues el art.43 de la LRJPAC en relación a los precedimientos instados de parte, contempla el silencio negativo cuando se pretenda la solicitud de un servicio público como es el caso que nos ocupa, sin perjuicio de lano vinculación de este tipo de silencios con una resolución posterior." 

Di, insistimos, "iríamos contra legem e sería de nulo de pleno derecho este artículo". Pois bem, a que parece resultar ir "contra legem" é a súa proposta. Así, a LEY ORGÁNICA 1/2002, de 22 de marzo, reguladora del Derecho de Asociación.(B.O.E. 73/2002, publicado el 26/03/2002) establece na exposición de motivos V o seguinte: 
"Del contenido del artículo 22.3 de la Constitución se deriva que la Administración carece, al gestionar los Registros, de facultades que pudieran entrañar un control material de legalización o reconocimiento. Por ello, se regula el procedimiento de inscripción en los límites constitucionales mencionados, estableciéndose la inscripción por silencio positivo en coherencia con el hecho de tratarse del ejercicio de un derecho fundamental." 
TODO O CONTRARIO AO QUE O SECRETARIO DI. 
Hai que insistir en que a Lei de Asociacións é un Lei Orgánica (regula un dereito fundamental, o de asociacións) xerarquicamente superior a Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemeento Administrativo Común (lei coñecida como LRJPAC), na que tampouco atopamos a interpretación que o Secretario no seu informe fai.

Ademáis, se se lle bota un ollo ao Regulamento do Rexistro de Asociacións do Concello de Marín, do que parece foi copiado o Regulamento do Rexistro de Asociacións do Concello de Ogrobe aprobado inicialmente no pleno do 29 de marzo, no seu artigo 7 establécese o seguinte: “No caso de que a asociación solicitante non obtivese resposta á solicitude efectuada no sinalado prazo dun mes, a inscripción entenderase efectuada, sempre que a asociación achegue os datos contidos nos puntos 1 ao 4 do artigo 6.” No Regulamento do Concello de Marín contémplase o silenzo positivo, como o contempla a Lei Orgánica de Asociacións, ao contrario do criterio do Concello de Ogrobe. A nos, como dicíamos, nom nos sorprende. Xa no ano 2009 este mesmo secreatrio emitía un informe xurídico no que nom se ruborizaba en ¿INVENTAR?o contigo dun artigo. Así, emitía un informe no que expresaba, favorecendo os intereses de Alfredo Bea, o seguinte: "O regulamento orgánico do concello de O Grove que regula a inscripción e funcionamento do REDIM establece no artigo 27 que se poderá esixir Copia compulsada da acta da última asamblea ou certificación da mesma firmada polo Presidente e Secretario da Asociación", contido completamente inexistente no Regulamento Orgánico do Concello de Ogrobe que di textualmente o seguinte: O artigo 27 do Regulamento Orgánico do Concello de Ogrobe, publicado no Boletín Oficial da Pontevedra o 7 de marzo de 1996, establece que: “En todo caso, a efectos de que continúe a vixencia da inscripción, tódalas entidades rexistradas no REDIM, terán que presentar no concello a finais de cada ano e antes do 30 de xaneiro do ano seguinte, unha memoria das actividades e actos realizados no transcurso do ano, así como do número de socios no 31 de nadal ó igual que as modificacións producidas na composición da xunta”.

Sorprende-nos o enfoque empregado polo Sr. Secretario no seu informe, dirixe a súa análise en tentar desvirtuar as alegacións formuladas polo Club Piragüismo Ogrobe en base a que o texto aprobado inicialmente en pleno está suxeito a dereito en todos os seus aspectos (é legal), como se o Club Piragüismo Ogrobe manifestara nalgún momento que o texto non fose legal. En ningún momento o Club Piragüismo Ogrobe manifestou que o texto non fose legal mais si defendemos que é sustancialmente mellorable a súa redacción en aras de facilitar a inscripción no rexistro das entidades e permanecer no rexistro. SEGUIMOS DEFENDENDO QUE A REDACCIÓN PROPOSTA DIFICULTA A INSCRIPCIÓN E DIFICULTA A PERMANENCIA NO REXISTRO. O Sr. Secretario, co seu informe, que parece estar ao servizo de Alfredo Bea - parece que impulsor da moficación deste regulamento -, parece tamén querer desviar a atención e nom entra no fondo (seguramente non sexa tampouco a súa función) de si o texto proposto logra, fronte o aprobado inicialmente en pleno, o propósito que nos defendemos: facilitar a inscripción, evitar abusos (que xa se teñen cometido) e facilitar a permanencia no rexistro. As alegacións presentadas polo Club Piragüismo Ogrobe, e por eso INSISTIMOS NA SÚA ACEPTACIÓN, van na liña de mellorar a redacción do texto. O Club Piragüismo Ogrobe sostén que a redacción aprobada no pleno do 29 de marzo é sustancialmente mellorable e supón dificultades para a inscripción e mantenemento de inscripción dunha asociación no Rexistro de Asociacións. Polo tanto, o Club Piragüismo Ogrobe non dubida da legalidade do texto proposto (agás sobre a reflexión que o secretario fai sobre o sentido do silenzo administrativo) pero si seguimos sostendo que a redacción é sustancialmente mellorábel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario